Digalego - Dicionario de Galego

  antílope

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat tardío antilops < gr tardío νϴάλωψ
Escoitar a palabra polos altofalantes port: antílope Escoitar a palabra polos altofalantes cast: antílope Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: antelope Escoitar a palabra polos altofalantes fran: antilope Italiano ital: antilope Chinés chin: 羚羊 Alemán alem: Antilope

   1 s m ANIMAL Bóvido das subfamilias dos antilopinos, bovinos e caprinos, e algún artiodáctilo non bóvido, como o caso do antílope americano, que presenta as patas longas e delgadas, acabadas en dedos finos protexidos por pezuños. Teñen cornos persistentes, de tipo cavicórneo. Viven en rexións desérticas, estepas e sabanas, con frecuencia en grupos de varios individuos.

   2 antílope acuático ANIMAL Antílope con cornos longos e separados. Ten unha mancha branca en forma de media lúa en cada coxa.

   3 antílope africano ANIMAL Antílope de gran tamaño, cunha xiba dorsal, un gran papo e o rabo longo.

   4 antílope americano ANIMAL Mamífero ruminante, única especie da familia dos antilocápridos.

   5 antílope anano ANIMAL Antílope de distintos xéneros, propio de África, que se caracteriza pola súa pequena dimensión.
Barra colores