Digalego - Dicionario de Galego

  nogueira

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat v *nucarĭa

   1 s f PLANTA Árbore caducifolia, da familia das xuglandáceas, de cortiza lisa e gris, follas alternas imparipinnadas, flores masculinas en amentos e flores femininas solitarias e froitos, as noces, drupáceos e comestibles. A madeira é moi apreciada en ebanistaría.

   2 PLANTA Árbore da familia das meliáceas, de cortiza gris pálida que se escurece co paso do tempo. A madeira presenta manchas de cor negra.

   3 PLANTA Árbore, da familia da xuglandáceas, de follas compostas e froito negro.


REFRÁNS


  • Deus me dea a nogueira sempre á beira.
Barra colores