Digalego - Dicionario de Galego

  muíño

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat molīnu

   1 TECNOL
   1 s m Máquina desintegradora que se emprega para moer gran e, en xeral, materiais sólidos.
   2 s m Edificio en que se instala o muíño.
   3 s m Instrumento para moer pequenas cantidades de materias granulosas.
   4 muíño albeiro/albar Muíño que só moe trigo.
   5 muíño de aceite Muíño que serve para moer as olivas e reducilas a pasta para facer aceite.
   6 muíño de auga Muíño que funciona pola acción da auga pasando por unha roda armada de palas.
   7 muíño de herdeiros Muíño comunal.
   8 muíño de lume Muíño que funciona movido por vapor.
   9 muíño de maquía Muíño no que hai que pagar un imposto en especie.
   10 muíño de marea Muíño que se emprega nas rías para aproveitar o fluxo e refluxo do mar.
   11 muíño de vento Muíño montado nunha torre e que se move pola acción do vento sobre as aspas.
   12 muíño fariñeiro/trigueiro Muíño que serve para moer o trigo ou outros cereais e facer fariña.

   2 s m QUÍM Aparato de moer que reduce as substancias a fragmentos pequenos.

   3 s m METROL Aparato para medir velocidades e caudais de líquidos, cuxa construción é semellante á dun anemómetro de hélice.

   4 s m MAR Torno horizontal colocado en dirección de babor a estribor sobre a cuberta de proa dunha nave e que se emprega para levar as áncoras.

   5 muíño gástrico ANAT Estrutura propia do estómago dos crustáceos malacostráceos, especialmente dos decápodos, que consiste nun dente dorsal e diversos laterais que trituran as cascas dos animais dos que se alimentan.


REFRÁNS


  • Ábrete, fol, pola boca, para que en vez dunha maquía dúas che colla.
  • " Ábrete, saco; unha maquía me debes e dúas che agarro."
  • Andando gaña o muíño, que parado está perdido.
  • Cada muíño quere a súa auga.
  • Máis que muíño en espera vale sobro na moega.
  • Non fíes en maquía de muiñeiro nin creas en comida de despenseiro.
  • Non fíes en maquías de muiñeiro.
  • O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro.
  • O muiñeiro, que oe e ve, non pode ser paroleiro.
  • " O muíño treina, treina; a auga faino treinar."
  • O que está na acea moe e non o que vai e non volve.
  • O que está na acea moe e non o que vén.
  • O que pode, vai ó muíño e moe.
Barra colores