Digalego - Dicionario de Galego

  merlo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat merŭlu
Escoitar a palabra polos altofalantes port: melro Escoitar a palabra polos altofalantes cast: melro, mirlo Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: blackbird

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos muscicápidos, que presenta plumaxe negra o macho e marrón a femia, e o pico dun amarelo vivo. OBS: Tamén se denomina merlo común.

   2 merlo azul ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos muscicápidos, o macho ten a plumaxe dun azul cincento e a femia de cor marrón, coas partes inferiores a raias. Habita en rochedos e cantís.

   3 merlo rieiro ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos cínclidos, que ten o peito e a gorxa brancos, as partes superiores mouras e as inferiores dunha cor castaña escura. Habita cerca de augas limpas.

   4 merlo rubio ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos muscicápidos, na que os machos teñen, no verán, a cabeza, o pescozo e o lombo azuis e o resto dunha cor avermellada, coas ás escuras.

SIN: melro, cachorra, cachosa, cotrosa
Barra colores