Digalego - Dicionario de Galego

  medula

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat medulla
Escoitar a palabra polos altofalantes port: medula Escoitar a palabra polos altofalantes cast: médula/medula Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: medulla Italiano ital: midollo Chinés chin: 髓质

   1 ANAT
   1 s f Parte máis interna dalgúns órganos.
   2 medula espiñal Parte intrarraquídea do sistema nervioso central que ocupa o conduto vertebral desde o burato occipital ata a beira inferior do corpo da primeira vértebra lumbar. Transmite as mensaxes tanto ao cerebro como ao cerebelo e é un importante centro de actividade reflexa.
   3 medula oblonga Imaxe bulbo raquídeo.
   4 medula ósea Substancia mol que enche as cavidades dos ósos e constitúe unha parte principal do sistema hematopoético.

   2 s f BOT
   1 Parte interna do cilindro central do filamento da raíz, que está circundada polos feixes vasculares e constituída por un tecido parenquimático, denominado parénquima medular.
   2 Parte interna do talo dos liques.

SIN: michola, miolo
Barra colores