|
1 | s f BOT Froito da
amendoeira que consiste nunha drupa de pericarpo verde e aveludado, mesocarpo
branco e coriáceo e endocarpo leñoso, que contén unha única semente. |
|
2 | s f BOT Semente da
amendoeira, doce ou amarga segundo as variedades, moi rico en aceites e graxas
vexetais. |
|
3 | s f p ext BOT Parte carnosa dalgunhas sementes que queda despois de sacarlles as
cubertas leñosas. |
|
4 | améndoa amarga BOT Semente non comestible da amendoeira amarga (P.
amygdalus var amara) que ten aplicación
en farmacia e na fabricación de esencias. |
|
5 | améndoa mística ARTE Ornamento en xeral de
forma elíptica, que rodea unha figura sagrada á que se quere dar un relevo
especial. |
REFRÁNS
- Ano de améndoas, ano de merda.
|