Digalego - Dicionario de Galego

  home

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat homĭne
Escoitar a palabra polos altofalantes port: home Escoitar a palabra polos altofalantes cast: hombre Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: man Escoitar a palabra polos altofalantes fran: homme Italiano ital: uomo Chinés chin: 男人 Alemán alem: Mann

   1 s m ANTROP Nome común do xénero de primates antropoides que comprende aos seres humanos actuais (Homo sapiens sapiens) e ás figuras fósiles consideradas como as  ideais de transición no proceso da hominización.

   2 s m
   1 Individuo da especie humana de sexo masculino.
   2 Persoa adulta de sexo masculino.
   3 Persoa do sexo masculino considerada como posuidora de calidades e defectos que se supoñen propios do seu sexo.
   4 Persoa do sexo masculino considerada formando parte dun grupo de persoas.

   3 s m Persoa do sexo masculino que é subordinada dunha autoridade.

   4 s m Marido ou compañeiro dunha muller.

   5 home do saco ETN Personaxe de carácter maligno e xerador de medo infantil que asusta os rapaces ameazándoos con levalos metidos dentro dun saco.

   6 home lobo ETN Imaxe lobishome.


REFRÁNS


  • A home frouxo, bebida forte.
  • A recho mozo, asento cordo.
  • Cada home tén o seu home.
  • Cada bome ten o seu nome.
  • Cando a casa cheira a home ¿quen dirá que a casa é pobre?
  • Dous Pedros e un Xan fan un home cabal.
  • Home sen muller home non é.
  • Homes bos e picheles de viño amainan o ruído.
  • O home gaña a facenda e a muller consérvaa.
  • O máis grande inimigo do home foi sempre o home.
  • A cabeza da muller é o home.
  • A casa é para a muller e a rúa para o home.
  • " A filla dala a quen a pida; o fillo hase mirar a quen se ha de dar."
  • A muller e a esca, na faldriqueira.
  • A muller é a metade do home.
  • A muller ha de falar cando a galiña queira mexar.
  • A muller só manda na cociña.
  • " A muller, se é fermosa, gustarache; se é fea, can: sarate; se é pobre, animarate; e, se é rica, mangonearate."
  • Cando a galiña pica no galo ¡malo, malo! e cando o galo pica na galiña ¡aínda, aínda!
  • Casa a túa filla como poideres e o teu fillo como quixeres.
  • " De san Xoán, Santiago e agosto, mulleres, non son voso; dende nadal a marzo estarei ó voso lado."
  • Mozas, cantá e bailá, que eu. ¡xa, xa!
  • " O home, na praza; a muller, na casa."
  • " O home, que faga un cento; a muller, que non a toque o vento."
  • O que non sirva para galo, que non aprenda a cantar.
  • Onde hai galo non canta galiña, senón que o galo teña a morriña.
  • Quen máis non pode, coa súa muller se deita.
  • Ti dona e eu dona ¿quen botará o porco fóra?
  • Tres fillas e unha nai, catro diaños para un pai.
  • ¡Léveme Deus ó mesón onde mande o mesoneiro e a mesoneira non!
Barra colores