Digalego - Dicionario de Galego

  folosa

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  

   1 s f ANIMAL/ORNIT Ave insectívora dos xéneros Acrocephalus, Hippolais e Locustella, da familia dos sílvidos, de plumaxes semellantes nos dous sexos e de cores máis ou menos uniformes e crípticas, que emiten cantos moi ricos e complexos en alta frecuencia.

   2 folosa amarela ANIMAL/ORNIT Ave migratoria coas partes superiores de cor verde olivácea e as inferiores amarelas. Na cabeza presenta unha lista supraocular de cor amarela.

   3 folosa das xunqueiras ANIMAL/ORNIT Ave migratoria coas partes superiores de cor castaña, riscada de negro e coas partes inferiores brancas amareladas. Na cabeza conta cunha lista supraocular branca enmarcada de negro.

   4 folosa dos carrizos ANIMAL/ORNIT Ave coas partes superiores de cor castaña olivácea e as inferiores brancas.

   5 folosa encapuchada ANIMAL/ORNIT Ave coas partes superiores de cor castaña arrubiada, riscada de negro e coas partes inferiores brancas amareladas. A parte superior da cabeza é de cor castaña escura e conta cunha lista supraocular branca.

   6 folosa grande ANIMAL/ORNIT Ave migratoria coas partes superiores de cor castaña escura e inferiores brancas arrubiadas.

   7 folosa pálida ANIMAL/ORNIT Ave migratoria que presenta as partes superiores de cor castaña cinsenta, as inferiores brancas cremosas e o papo branco.

   8 folosa pintada ANIMAL/ORNIT Ave coas partes superiores de cor castaña listadas de negro de xeito lonxitudinal e as inferiores amareladas.

   9 folosa unicolor ANIMAL/ORNIT Ave migratoria transahariana que presenta as partes superiores de cor castaña arrubiada, as inferiores brancas cremosas e a gorxa e  o papo brancos.
Barra colores