Digalego - Dicionario de Galego

  ferreiriño

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< ferreiro

   1
   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave insectívora, do xénero Parus, da familia dos páridos, grosa e de tamaño pequeno, co peteiro pequeno e fino.
   2 ferreiriño azul [Parus caeruleus] ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos páridos, de alas, cola e parte superior da cabeza de cor azul, meixelas brancas, dorso verde e partes inferiores amarelas.
   3 ferreiriño caluguinegro [Parus palustris] ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos páridos, de cabeza, caluga e papo negros, coas partes superiores e as ás cinsento pardentas e cola gris escura.
   4 ferreiriño cristado [Parus cristatus] ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos páridos, de plumaxe parda cinsenta e cunha curupela negra cos extremos brancos.
   5 ferreiriño negro [Parus ater] ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos páridos, de cabeza negra, coas meixelas e a caluga de cor branca, dorso pardo oliváceo ocre e as partes inferiores claras, agás o babeiro negro.
   6 ferreiriño real [Parus major] ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos páridos, de cabeza de cor negra coas meixelas brancas e a caluga e a gorxa negras, unidas por un colar que se estende polo peito e ventre nunha franxa central.

   2 ferreiriño rabilongo ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos exitálidos, de cabeza branca cunha lista negra e ancha por enriba do ollo, que continúa ata o lombo, tamén negro e unha cola moi longa de cores negra e branca.
Barra colores