Digalego - Dicionario de Galego

  escribente

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat scribente
Escoitar a palabra polos altofalantes port: escrevente Escoitar a palabra polos altofalantes cast: escribiente Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: copyist Escoitar a palabra polos altofalantes fran: copiste Italiano ital: copista Chinés chin: 抄写 Alemán alem: Kopist

   1 s Persoa que exerce o traballo de escribir ao ditado ou de copiar escritos.

   2
   1 s m Ave granívora, da familia dos emberícidos, e as máis das veces propia de hábitats pouco arborados. Caracterízase por ter un peteiro proporcionalmente curto e comprimido polos lados, co bordo da boca sinuoso na base. A plumaxe é, normalmente, de cores apagadas.
   2 escribente amarelo [Emberiza citrinella] ANIMAL/ORNIT Ave, co dorso listado e mitra de cor acastañada, as partes inferiores de cor amarela, cos flancos listados e a cabeza de cor amarela.
   3 escribente das canaveiras [Emberiza schoeniclus] ANIMAL/ORNIT Ave, co dorso e ás de cor acastañada vermella, con listas máis escuras e as partes inferiores de cor entre branca e ocre.
   4 escribente hortelán [Emberiza hortulana] ANIMAL/ORNIT Ave, coas partes superiores e as ás de cor acastañada vermella, con listas de cor negra e coa cara inferior da á e o anel ocular de cor amarela.
   5 escribente paponegro [Emberiza cirlus] ANIMAL/ORNIT Ave que se caracteriza por presentar nos machos a cabeza de cor verde oliva, con listas amarelas por riba, gorxa de cor negra, colar amarelo, franxa pectoral de cor verde oliva e partes superiores acastañadas vermellas, e partes inferiores de cor amarela cos flancos lixeiramente riscados de castaño.
   6 escribente riscado [Emberiza cia] ANIMAL/ORNIT Ave que se caracteriza por presentar o macho a cabeza o e peito de cor cinsenta, con dúas listas negras que enmarcan a cara e unha terceira media que cruza o ollo, as partes superiores de cor acastañada con lista negras no dorso e o peito e flancos de cor arrubiada.
Barra colores