Digalego - Dicionario de Galego

  agulla

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat acucula ‘agulla pequena’ dim de acus ‘agulla’
Escoitar a palabra polos altofalantes port: agulha Escoitar a palabra polos altofalantes cast: aguja Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: needle, pin Escoitar a palabra polos altofalantes fran: aiguille, pin Italiano ital: ago, pin Chinés chin: 针,针 Alemán alem: (Steck-)Nadel, Zeiger, Spitze

   1 s f Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

   2 s f
   1 Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.
   2 Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

   3 s f ANIMAL/ICT
   1 Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.
   2 Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

   4 s f Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

   5 s f ARQUIT/DEC Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

   6 BÉL
   1 s f Barra grosa de ferro, cunha argola nun dos extremos, que era empregada en artillaría para diferentes usos.
   2 agulla de fusil Arame delgado que os soldados levaban na correa da cartucheira para limpar e desatascar o canón dos fusís de pistón.
   3 agulla percusora Pequena barra de aceiro destinada a bater o fulminante do cartucho nos antigos fusís de agulla. Posteriormente foi substituída polo percusor.

   7 s f BOT Folla longa e delgada.

   8 COMUN/TRANSP
   1 s f Cada un dos trozos de raíl afiados por un extremo e articulados polo outro, que guían as rodas do ferrocarril nos cambios de vía.
   2 s f Nome dado a todo o conxunto que constitúe a desviación.
   3 agulla aérea Dispositivo que, nas liñas electrificadas, corresponde aos cambios de vía e permite aos pantógrafos pasar axeitadamente dunha catenaria a outra.
   4 agulla de descarrilamento Agulla instalada xeralmente en vías secundarias que fai descarrilar o tren ou vagón para evitar que entren nunha vía indebida.

   9 FÍS
   1 s f Barra de aceiro imantado, libre para poder xirar enriba dun punto que se orienta na dirección do meridiano magnético do lugar onde se atopa.
   2 s f Cada unha das barras de aceiro provistas dunha punta cambiable que regulan o diámetro do chorro de cada inxector e, polo tanto, a potencia da turbina, nas turbinas Pelton.
   3 agulla de declinación Agulla magnética empregada para medir a declinación magnética.
   4 agulla de inclinación Agulla magnetizada empregada para medir a inclinación magnética.
   5 agulla de inxector Órgano de regulación fina da cantidade de combustible que pasa do inxector ao cilindro dun motor de encendido por compresión.
   6 agulla estática Agulla imantada que grazas á súa construción, non se ve afectada pola acción do magnetismo terrestre.

   10 s f GRÁF Punzón de ferro ou de aceiro para debuxar o que se vai gravar á augaforte.

   11 s f MED Instrumento punzante, xeralmente unido a unha xeringa que se emprega para inxectar ou extraer substancias no organismo.

   12 s f Tira metálica pequena empregada en certos aparellos de medida e precisión para sinalar o correspondente valor sobre unha gradación xa establecida ou ben a posición de equilibrio.

   13 agulla de fonógrafo TECNOL Parte móbil dunha cápsula fonocaptora.

   14 agulla de pastor PLANTA Planta herbácea anual, da familia das apiáceas, de talo estriado, follas bi ou tripinnadas e froito cilíndrico e comprimido lateralmente.

   15 agulla de portal HIST Funcionario que durante a Idade Media cobraba o paso polas portas nunha cidade ou vila amurallada.

   16 agulla do temón MAR Cada unha das pezas pequenas sobre as que xiran as porcas do temón.

   17 agulla dos minutos Dispositivo que, nun reloxo, sinala os minutos.

   18 agulla xiroscópica MAR Instrumento de orientación baseado nas propiedades do xiroscopio.

SIN: lanzadeira, acedume, acidez, agrume, agrura, pique, acícula, arume, esca, faísca, frouma, isca, lesta, rama, agulleira
CFR: cambiavías, desvío, desvío
Barra colores