Digalego - Dicionario de Galego

  aguia

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat aquĭla

   1 ANIMAL/ORNIT
   1 s f Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.
   2 aguia imperial [Aquila adalberti] Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.
   3 aguia peixeira [Pandion haliaetus] Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.
   4 aguia perdiceira [Hieraaetus fasciatus] Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.
   5 aguia real [Aquila chrysaetos] Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

   2 s f Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.
Barra colores