Digalego - Dicionario de Galego

  cruzabico

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< cruzar + bico

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave do xénero Loxia, pertencente á familia dos frinxílidos, de aspecto groso, coas mandíbulas do peteiro cruzadas, ás e cola de cor negra e o resto da plumaxe de cor vermella nos machos ou verde acastañada nas femias.

   2 cruzabico cabezón ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, que presenta a cabeza e o pescozo moi grosos, e o peteiro arredondado, cos bordos de cor branca.

   3 cruzabico común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, propia de bosques de piñeiros, abetos e alerces da franxa boreal de Norteamérica, Europa e Asia.

   4 cruzabico escocés ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, sedentaria dos bosques de piñeiro rubio do N de Escocia.

   5 cruzabico faixado ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, cunha dobre franxa nas ás de cor branca.
Barra colores