Digalego - Dicionario de Galego

  corredor -ra

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< correr
Escoitar a palabra polos altofalantes port: corredor -ra Escoitar a palabra polos altofalantes cast: corredor -ra, pasillo Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: runner, broker, passage Escoitar a palabra polos altofalantes fran: coureur, le courtier, le passage Italiano ital: corridore, mediatore, di passaggio Chinés chin: 亚军,经纪人,通过 Alemán alem: Läufer, Broker, Passage

   1
   1 adx Que corre.
   2 s Persoa que toma parte nunha carreira.

   2
   1 s ECON Persoa que fai de intermediaria en operacións mercantís polo que percibe unha comisión ou retribución.
   2 s p ext HIST Pregoeiro oficial dun municipio ou doutra administración pública encargado da comunicación ou difusión de avisos e disposicións.
   3 corredor de bolsa ECON Axente encargado da mediación nas operacións do mercado de valores por conta dun particular.
   4 corredor de cambios HIST Axente encargado de solicitar letras ou diñeiro prestado, e que axusta os cambios de interese.
   5 corredor de comercio DER Axente mediador encargado da promoción e intervención de contratos mercantís entre as partes, dando fe dos mesmos na súa condición de feudatario público colexiado.
   6 corredor de mercadorías ou de lonxa HIST Corredor encargado de asistir aos mercadores na distribución do seu xénero, solicitando compradores.
   7 corredor de seguros DER Persoa física ou xurídica que realiza a actividade mercantil de mediación en seguros privados, sen manter vínculos que supoñan afección con entidades aseguradoras, ofrecendo asesoramento imparcial a quen pretende contratar un seguro.
   8 corredor intérprete de buques DER Axente colexiado que actúa no comercio marítimo, exercendo de feudatario público nos contratos nos que intervén.

   3 s m
   1 Paso no interior dunha edificación, que comunica distintos compartimentos.
   2 Parte da casa constituída por unha estrutura de madeira disposta de forma horizontal e un chan de táboas ou lousas de xisto fixadas sobre un entramado que se sitúa ao longo da fachada principal.
   3 MAR Parte lateral da cuberta dunha embarcación que permite pasar de proa a popa polos lados da caseta.
   4 ARQUEOL Pasaxe estreita que conduce á cámara ou anta megalítica.

   4 s m XEOG Franxa de territorio dun estado interior que atravesa o territorio doutro para servirlle de acceso a un porto marítimo.

   5 s m ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos glareólidos, que presenta unha plumaxe amarela pálida, pernas longas de cor crema, peteiro curto, aguzado e curvado cara a abaixo e cunha liña superciliar branca e outra negra desde o ollo ata o cocote.
CFR: balcón, galería, solaina
Barra colores