Digalego - Dicionario de Galego

  1cobra

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat colŭbra ‘serpe’

   1 ANIMAL
   1 s f Serpe, da familia dos colúbridos, coa cabeza cuberta de grandes escamas, a pupila habitualmente redonda, con escamas pequenas no dorso e nos costados e grandes no ventre. Algúns casos presentan dentes acanalados que inoculan veleno.
   2 cobra de auga Cobra do xénero Natrix que vive asociada a medios acuáticos.
   3 cobra de colar [Natrix natrix] Cobra que presenta o dorso de cor variable e lisa, verde ou acastañada, o ventre branco con manchas negras e cadradas.
   4 cobra de Esculapio [Elaphe longissima] Cobra co dorso e cos laterais do corpo acastañados, parda ou verdosa, salferido de amarelo, sobre todo na zona central.
   5 cobra de ferradura [Coluber hippocrepis] Cobra co ventre alaranxado ou amarelo e co dorso claro con grandes manchas negras, redondas ou romboidais. Na cabeza presenta unha mancha negra en forma de U.
   6 cobra lagarteira Cobra do xénero Coronella de tamaño moderado, que se caracteriza por presentar unha liña escura desde o ollo ata o pescozo.
   7 cobra rateira [Malpolon monspessulanus] Cobra que posúe cabeza grande, estreita e bastante alta, coas escamas supraoculares moi anchas. O dorso é verde oliva ou cinsento, coa cabeza e o pescozo máis claros e o ventre de cor clara con manchas negras. OBS: Tamén se denomina cobregón.
   8 cobra riscada [Elaphe scalaris] Cobra de fociño agudo, corpo groso e longo, co dorso de cor amarelada ou parda, con dúas liñas escuras paralelas e lonxitudinais.
   9 cobra viperina [Natrix maura] Cobra co dorso pardo cinsento e cun deseño en zigzag máis escuro, ventre reticulado e iris amarelo ou alaranxado.

   2 s f ANIMAL Serpe do xénero Naja, da familia dos elápidos, que se caracteriza pola alta toxicidade do seu veleno e pola capacidade para expandir o pescozo e xirar as súas costelas co que manifestan os distintos deseños de advertencia como debuxos, colares ou bandas.

SIN: cóbrega, cobregón
CFR: serpe, víbora
Barra colores