Digalego - Dicionario de Galego

  cisne

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< fr ant cisne < lat v *cĭcĭnu < lat cygnus < gr κψκνος

   1 s m ANIMAL/ORNIT Ave acuática, do xénero Cygnus, que pertence á familia dos anátidos, de gran tamaño e plumaxe branca, de cabeza pequena, pescozo moi longo e flexible e patas curtas e palmadas, que vive en masas de auga doce e zonas litorais mariñas de pouco fondo.

   2 cisne común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos anátidos, co peteiro de cor laranxa e unha excrecencia negra na base.

   3 cisne grande ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos anátidos, que se caracteriza por ter a base do peteiro amarelo e a punta negra.

   4 cisne negro ANIMAL/ORNIT Ave de plumaxe negra, da familia dos anátidos, co peteiro vermello, agás a punta que é branca.
VAR: ciño.
Barra colores