Digalego - Dicionario de Galego

  cervo -va

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  
< lat cervu
Escoitar a palabra polos altofalantes port: cervo -va Escoitar a palabra polos altofalantes cast: ciervo -va Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: deer Escoitar a palabra polos altofalantes fran: cerf Italiano ital: cervo Chinés chin: 鹿 Alemán alem: Hirsch

   1 ANIMAL
   1 s Mamífero ruminante, da familia dos cérvidos, con aspecto áxil, patas longas e delgadas. O pelame adoita ter as partes inferiores máis claras e no traseiro aparécelles unha zona moi clara, baixo unha cola curta. Os machos posúen unha cornamenta ramificada, que se desprende en primavera.
   2 cervo acuático [Hydropotes inermis] Cervo pequeno, sen hastas, pero cuns caninos moi desenvolvidos.
   3 cervo común [Cervus elaphus] Cervo de pelame acastañado arrubiado no verán e acastañado agrisado no inverno.
   4 cervo das pampas [Odocoileus bezoarticus] Cervo que viven en lugares abertos.
   5 cervo do padre David [Elaphurus davidianus] Cervo orixinario de Asia que se estendeu por Europa onde vive sobre todo en catividade.
   6 cervo dos pantanos [Blastocerus dischotomus] Cervo propio dalgunhas rexións de Bolivia, de Paraguay e de Brasil.
   7 cervo sika [Cervus nippon] Cervo de cor acastañada con pintas, coa cabeza máis clara e cunha liña negra ao longo do pescozo e lombo.
   8 cervo virxiniano [Odocoileus virginianus] Cervo de talle mediano, coa hasta curta e moi ramificada que é propio de EE UU.
   9 cervo wapití/uapití/canadense [Cervus canadensis] Cervo cunha cornamenta de ata 1 metro de envergadura e 12 puntas.

   2 s m p ext ANIMAL Individuo da familia dos cérvidos.
Barra colores