Digalego - Dicionario de Galego

 

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Comentar a entrada por mail.  


REFRÁNS


  • Aceitonas acedas, pan con elas.
  • Aceitona, unha abonda.
  • " Aceitona, unha é ouro; dúas, prata; a terceira, mata. "
  • Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá.
  • " Aceitona, unha soa; dúas, mellor; e tres, peor. "
  • " Aceitona, unha; e, se é boa, unha ducia. "
  • Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.
  • " Dou ó demo ""o poldro que, en vendo égoas, non rincha. "
  • Non hai home para home.
  • Cada un c,lóese do que lle magoa.
  • Se os dós con pan son bos, con diñeiro son rebós.
  • Cando a carballeira zoa, sabe ben a boroa.
  • Non se pode agradar a todos.
  • O bo nunca enfada e sempre agrada.
  • O que foi do teu agrado, foi medio mercado.
  • Cando o carro do ceo volve o rabo, ou quere amañecer ou é día claro.
  • O sol que madruga pode traer chuvia.
  • Roibás de sol nacente, chuvia de repente.
  • O cuco e o predicador, canto máis altos, mellor.
  • Ano de ameixas, ano de queixas.
  • Ano de moitas ameixas, poucas medas nas eiras.
  • Amancebamento non é casamento.
  • Máis vale filla mal casada que ben abarregada.
  • O que pode arrancharse ¿para que ha de casarse?
  • O que sabe arrancharse ¿para que ha de casarse?
  • A lingua do amigo malo corta máis que un machado.
  • Amigo de dúbida é o que te aconsella e podendo non te axuda.
  • Amigo de montaña, quen o perde, gaña.
  • Amigos de taberna, amigos de merda.
  • Amigos e mulas fallan ás duras.
  • Amistade de boca, bulsa pechada e moita parola.
  • Cando a ocasión chega, o máis amigo a pega.
  • Co falso non tomes amistade, porque che fará maldade.
  • Con achaque de amistade moitos fan falsidade / ruindade.
  • Dos amigos gárdeme Dios, que dos ioimigos gardámooos nós.
  • Moito te quero, mais pouco ben che fago.
  • O amigo falso fere máis que o coitelo afiado.
  • O amigo que non é de certo, cuo olio pechado e outro aberto.
  • O máis amigo pégaeha.
  • Ó mellor amigo, o mellor tiro.
  • Quen ten amigo dubidoso, durma eun olio e vele co outro.
  • Renega do amigo que non te avisa do perigo.
  • Renega do amigo que te cobre coas ás e te morde co bieo.
  • Anda polo teu pe, que tempo é.
  • Andando tórnase o frío.
  • Andar, andar e caer no mar.
  • Andar, andar e ó fin morrer.
  • Ande quen poida e, se non, déixese estar.
  • Home trenca e muller trenca fan parella mostrenca.
  • Ninguén anda á deshora, que outro non ande á mesma hora.
  • Non comas ata fartar, cando teñas que andar.
  • Non hai mellar andar que non parar.
  • O andar para dentro é andar de trenca.
  • O andar para fóra é andar que namora.
  • O andar trae andar.
  • O moito andar, en parar vén a parar.
  • O que ten besta e anda a pe, máis besta é / ben burro é.
  • Paso a paso vaise lonxe.
  • Quen anda á presa, ese entropeza.
  • " Torcer para dentro, andar de trenca; torcer para fóra, andar que namora. "
  • Cada Entroido seu choqueiro.
  • Martes de Antroido ¡cando has de vir! Casquiñas de ovos ¡como habés de ruxir!
  • Martes de Entroido, ¡cando has de vir!, casquiñas de ovos, ¡case habés de ruxir!
  • O Entroido coas súas malas artes boto u a san Matías fóra do martes.
  • ¡Adeus, martes de Antroido, es valente gandul: tres días de boa vida, sete semanas de xexún!
  • Máis apaga a boa palabra có caldeiro de auga.
  • O que ten aprensión sempre está en desazón.
  • Criada por avoa nunca é boa.
  • Criado por avó, non hai neno bo.
  • Balesteiro que mal tira logo argalla unha mentira.
  • Balesteiro tolo, onde perde un frechazo, alí bota outro.
  • ó balesteiro torto tíralle o ollo e cóntao por morto.
  • Dos corenta anos para riba non molles a barriga.
  • ¿Para que vai ó baño a negra, se negra queda?
  • Debaixo dunha ruin capa sempre hai un bo bebedor.
  • Quen bebe pouco, bebe un pouco máis.
  • " A augardente, na tenda; o viño, na taberna. "
  • Como queira que sexa, mais preto está a taberna cá igrexa.
  • Con todos paz, e máis coas tabernas.
  • Por ir á misa, entrei na taberna e quedei nela.
  • Se non bebo na taberna, fólgome nela.
  • Para beber con uvas, máis vale beber en 'aúnas'.
  • A beber viño nunca me gañou veciño.
  • A, que I aprende a beber de pequena, levará o fiado á taberna.
  • A xente ve o que bebo, mais non ve a sede que teño.
  • Anque estou malo das pernas, inda podo ir á taberna.
  • Anque teño mala a perna, ben sei onde está a taberna.
  • Bebamos ata que máis non poidamos.
  • Bebamos ata que non nos vexamos.
  • Beber ata non ver.
  • Beber, beber ata máis non poder.
  • Canto máis bebo, máis sede teño.
  • Achaque ó pelexo que sabe ó pez.
  • A cabeceira ten a bota e, cada vez que rebulas, molla a boca.
  • Cada bota cheira ó viño que ten.
  • " A boca, pechada; e a bulsa, escondida ou gardada. "
  • A ¡Idevos da miña casa! e: ¿Que queres coa miña muller?, non hai que responder.
  • Anque calo, pedras apaño.
  • Aprende a ben calar para que saibas ben falar.
  • Boca pechada é forte coma unha muralla.
  • Busca unha agulla para levar na falchoca e tres ou catro para cose-la boca.
  • Calar nunca a ninguén fixo mal.
  • Máis vale calar que mal falar.
  • Mal para quen cala e peor para quen fala.
  • Mentres un cala, aprende dos que falan.
  • Moitas veces o calar é valentía.
  • O que cala, ben fala.
  • O que cala, non fala.
  • O que cala, vence e fai o que lle parece.
  • Quen cala consente.
  • Quen cala e pedras apaña, tempo virá que as esparexerá.
  • Quen come e é calado, non perde bocado.
  • Se ves que calo, é porque se irán todos e comerémo-Io galo.
  • Ti o que sabes e eu o que sei, cala ti que eu calarei.
  • Xa que a camisa o cala, cáleo tamén a saia.
  • Anque non falernos, ben nos queremos.
  • Chorar a boca pechada e non dar conta a que n non se lle dá nada.
  • Home morto non dá fala.
  • Home morto non fai guerra.
  • O mal crece con calar.
  • O parvo, se é calado, pasa ben por asisado.
  • ¡Deus te libre de home que non fala e de can que non ladra!
  • Anos e traballos poñen o pelo branco.
  • " Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar. "
  • Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola.
  • " Pola Candelaria, metade do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra. "
  • " Se a Candelaria chora, vai o inverno fóra; se ri, o inverno quere vir; mais cal chorar, cal rir,.medio inverno está por vir. "
  • Se a Candelaria vén mal, o inverno está caroal.
  • A moita carreira trae a moita canseira.
  • Antes moi canso que moi farto.
  • Cando queiras cansarte non te fartes.
  • Cando un non corre, non cansa.
  • En maio de sono caio.
  • O burro que máis traballa, máis axiña cansa.
  • O que durmindo se cansa ¡que será cando traballa!
  • O que máis corre, máis cansa.
  • Ó boi cansado múdalle o paso.
  • Ben canta o catalán, se lle dan.
  • Cada un canta como ten a gracia.
  • Canta que has de ir á santa.
  • Cantar mal e recuncar non é de aprobar.
  • Cantar pensei e por cantar chorei.
  • O cantar quere vir de gracia e o bailar quérese aprender.
  • O que non sirva para galo, que non cante.
  • Os seus males espanta o que canta.
  • Quen mal canta, ben lle acae.
  • Se ben canta o abade, non o fai mal o monaguillo.
  • O ano que non hai pan, ou muiñeiro ou hortelán.
  • O que non ten carro nin bois, ou anda antes ou anda despois.
  • Onde hai touciños non hai corres.
  • Pantalós sen botós, para ninguén son bos.
  • As contas da casa non dan coas da praza.
  • Cara é a praza, pero máis cara é a caza.
  • Custa máis o caldo cás talladas.
  • Fai barato, vende caro e gañarás cartos.
  • O caro é ás veces barato e o' barato adoita saír caro.
  • O que moito vale moito custa.
  • Pan alleo custa caro.
  • A que non ten sogra nin cuñada, esa é a ben casada.
  • Cesta patela arromba máis que leva.
  • " A branca con frío non vale un figo; a negra, nin figo nin breva. "
  • Mellor é poñerse unha vez colorado, que un cento amarelo.
  • Non hai muller branca que non teña a súa chata, nin hai muller morena que gracia non teña.
  • Cada un baila segundo os amigos que andan na danza.
  • Se che dixeren dous que es burro, omea.
  • Non abonda con ser bo senón que hai que parecelo.
  • O bo fai coma bo.
  • A boa obra ela mesma se honra.
  • A boa obra ó mestre honra.
  • A boa obra, que é pedida, xa vai mercada ou vai vendida.
  • A mal feito, rogo e peito.
  • A que pariu que arrole e, se non, pasar sen home.
  • A quen pilla, píllano.
  • As boas obras pagan as boas palabras.
  • As obras de cada un logo din que n é.
  • As obras, das sobras.
  • Burro que entra na leira anea, sairá dela cargadó de leña.
  • Cada un paga por onde peca.
  • Canto máis un anda no monte, máis espiñas cone.
  • Coa medida que midas, tamén ti serás medido.
  • Como medires, serás medido.
  • Con moitas obras boas pouco se merece, e cunha mala todo se desmerece.
  • Feito malo ó corazón e ó corpo fai dano.
  • Mal acaba quen mal anda.
  • Mentres de moza a troulear, despois de vella a rezar.
  • Ninguén fai mal que non o veña pagar.
  • No pecado está a penitencia.
  • Non sexas parvo, Xan, e non cho chamarán.
  • " O ben facer gaña amigos; e o dicir mal, inimigos. "
  • O bo vasalo fai o bo señor.
  • O mal andar non pode durar.
  • O que á chuvia se pon, mollado queda.
  • O que fai as feitas fai as sospeitas.
  • O que máis alto se quere ver, cae máis axiña do que quer.
  • O que mal cospe, en si o ve.
  • O que rompe paga.
  • O que se dá boa vida, teme máis a caída.
  • Obra mal e espera outro tal.
  • Os feitos son os mellores pregoeiros.
  • Os pecados dos nosos avós fixéronos eles e pagámolos nós.
  • Ó feito, brazo e peito.
  • Ó feito, peito.
  • Posto no burro, atura-Ias azoutas.
  • Quen armou o treto que o desarme.
  • Quen ben anda non cae.
  • Quen fai as feitas ten que roer as sospeitas.
  • Quen fai mal, agarde outro tal.
  • Quen mal anda mal acaba.
  • Quen mal cospe, dúas veces se timpa.
  • Quen mala cama fai e nela se deita, tena que aturar.
  • Quen pariu que arrole e, se non, pasar sen home.
  • Quen sementa ventos recolle tempestades.
  • Sementa malas obras e collerás a súa froita.
  • Senteime nun prado mollado: ¡douche ó demo o mal sentado!
  • Tal amo, tal criado.
  • Tira un a pedra e non sabe a onde vai dar.
  • O que non fai o que debe, fai ó cabo o que non debe.
  • Quen co demo cava a viña, co demo a vendima.
  • Conténtate co teu e deixa a cada cal o seu.
  • Máis vale pouco que nada.
  • Non hai mellor riqueza cá vontade contenta.
  • O que non se contenta é porque non quere.
  • Tan contento está o pastor coma o rei ou o gran señor.
  • ¡A onde irás que mellor che vaia!
  • Boca que di de non, dille de si.
  • En casa do ferreiro coitelo de pau.
  • Gaba O mar e vive na terra.
  • Gaba-lo mar e nel non entrar.
  • Non entra na misa a campana pero a todos chama.
  • O año de abril enche o mandil.
  • " O año manso mama a súa nai e a calquera; e o bravo, nin a súa nai nin á allea. "
  • O que que ira comer morriña, coma en xaneiro carneiro e en maio galiña.
  • " Coxo, e non de espiña; calvo, e non de tiña. "
  • Nin bo coxo nin bo noxo.
  • Cando canta o cuco, logo vén o gran ó suco.
  • Dende que vén o cuco, fóra o 'pulpo'.
  • Desque chega o cuco, vén o pan ó suco.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, pois coa neve non quere viro
  • Entre marzo e abril, se non veu o cuco, quere vir a fin.
  • Mentres canta o cuco, non comas raia nin 'pulpo'.
  • " No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo. "
  • No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo.
  • O cuco no abril xa sae do cubil.
  • " Ós comezos de abril o cuco ten que vir; e, se non volveu, ou prendérono ou morreu. "
  • Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cueo ou quere vir a fin.
  • Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir a fin.
  • Dous poldros a un can, ben o morderán.
  • Non remexas que todo te esparamexas.
  • O malpocado, pouco mal e ben laiado.
  • O que se deixa gobernar, mal pode mandar.
  • Alá vai o demo. revolto despois do sol posto.
  • Cando o demo non ten que facer, nalgo se ha de entreter.
  • Cando o demo veña á túa porta, non lla peches: entórnalla.
  • Dá o demo contra a pedra e non sempre a creba.
  • Demos mercar e demos vender, pouco negocio pode ser.
  • Fariña que trae o demo logo se volve farelo.
  • Moitas veces corre máis o diaño cá lebre.
  • Non ha de estar sempre o demo detrás da porta.
  • O demo non é santo.
  • O demo tira da manta e todo o destapa.
  • Ou a Deus ou ó demo ninguén deixa de servir, se non é que serve a entrambos.
  • Ó demo e á muller nunca lles falta que facer.
  • Ben sabe o demo o frangallo que racha.
  • Cando vai torta, o demo a endereita.
  • Cando vai torta, o diaño a guía.
  • O demo as arma e o demo as desarma.
  • O demo as tapa e o demo as destapa con tamboril e gaita.
  • O demo ensina a pecar pero non a rezar.
  • Todo vai como o demo quer, mais non cal debía ser.
  • O demo é vello e o tempo é sabio.
  • Achegador da dnsa, derramador da fariña.
  • Cristo gañado, Cristo papado.
  • Derramador da fariña, achegador da dnsa.
  • Esparexedor de fariña, recolledor de dnsa.
  • Hoxe festa, mañá festa: ¡valla o demo e maila vida esta!
  • O que non aforra a leña, non aforra cousa que teña.
  • a que non garda, non ten.
  • A que un desbota, outro o roga.
  • Polo que hoxe tiras, mañá ó mellor suspiras.
  • Quen malgasta o que é seu, o sentido perdeu.
  • Quen malgasto u o seu, non soubo o que perdeu.
  • Quen ten catro e gasta cinco non precisa faldriqueira.
  • Se moito se ten, moito se gasta e máis se quer.
  • O demo as fai e o pecado as descobre.
  • " O que che encobren, non queiras sabelo; e o que che descobren, tena segredo. "
  • A hora mala é para quen a esquece, que ela estaba deitada.
  • A peor gracia é caer na desgracia.
  • Alá vai o mal onde comen ovos sen sal.
  • Da árbore que está no chao, todos cortan un ramallo.
  • Moito mal espanta e pouco mata.
  • Polo seu mal nacéronlle ás á formiga.
  • Unha no ano, e esa non ten dano.
  • ¡Alá vaias, mal, onde che poñan bo cabezal!
  • Ó malo ninguén se afai.
  • Dos desgraciados nacen os avisados/escarmentados.
  • Non hai mal que cen anos dure.
  • Non hai mal que cen anos dure, nin corpo que o ature.
  • Non hai mal que cen anos se ature, nin ben que moito dure.
  • Non hai mal tan grave que non se acabe.
  • A cadelo fraco todo son pulgas.
  • Antes faltarán as bágoas, que coitas para choralas.
  • As cereixas e as malas fadas, cóllense poucas e veñen a presadas.
  • Cando non é por verzas, é por fío negro.
  • Cando o ano está de pulgas, ata parece que caen do ceo.
  • Como as cereixas son as desgracias, que unhas noutras se engarran.
  • Desgracias e malas horas sempre veñen todas.
  • Mal enriba de mal e pedra por cabezal.
  • Nunca a mala fada deixa de ter compaña.
  • Nunca vén un mal soilo, que trae compaña e todo.
  • Nunca vén un ha sen outra.
  • O mal vai a onde hai máis.
  • O mal vai a onde o hai.
  • Onde unha porta se pecha outras tamén se pechan.
  • Ó can fraco todo se lle volven pulgas.
  • Ó can mordido todos o morden.
  • Ó carro crebado nunca lle faltan petoutos.
  • Tras dun mal vén outro mal. R
  • Tras dunha dor nunca falta outra maior.
  • Un mal chama outro mal.
  • Un mal nunca vén soilo, que trae compaña e todo.
  • Un mal trae outro mal.
  • Vai O mal a ande lle poñen bo cabezal.
  • ¿A ande vas, mal? -A ande máis hai.
  • Ruín é o carpo que non enxuga a camisa do seu dono.
  • O que che dean dado non debes desprecialo.
  • Quen comeza a desdelÍar, ese quere mercar.
  • Quen o pouco desprecia pouco ou nada merece.
  • Quen o pouco' desprecia, pouco menos merece.
  • Tirádevos, pai, e pasará miña nai.
  • ¡Desgraciado se vexa o que os seus desprecia!
  • A outro can con ese óso: que este xa está roído.
  • Bordar e facer albardas todo é dar puntadas.
  • Cegos, pegas e choias ¡dou ó diaño estas tres xoias!
  • De mellor palla fixen eu esterco.
  • " Dixolle o co"" rvo á pega:I ¡Bótate alá, que es negra!"
  • Díxolle o pote á caldeira: ¡Tirate alá, non me lixes!
  • Está por nacer a quen eu hei temer.
  • Falou o boi e dixo: ¡Mu!
  • Falou o burro e omeou.
  • Gábate, merda, que ó río te levan.
  • Omeos de burro, non chegan ó ceo.
  • Pallas mortas non alumean.
  • Para quen era meu pai, abondou miña nai.
  • Quen non te coñeza, que te merque.
  • Arrédate para que te oia, que a palabras grosas teño orellas xordas.
  • Non me amomes nin me aquentes, porque non che quero lenas.
  • " ¡Dálle; ¿¿lle, que po;' un oldo me entra e por outro me sae!"
  • ¡Malla o romeiro que di mal do seu bordón!
  • ¡Que non morran as vacas, que os homes hainos a manadas!
  • Aquí te collo, aquí te esfolo.
  • Co tempo todo se desfai.
  • Fol mollado masa leva.
  • O demo en sin a a romper mais non a compoñer.
  • O que moito desfai non mira ben o que fai.
  • Papas e pan unha casa desfán, papas e bolo desfana de todo.
  • " Despois de Deus a ola; todo o demais é parola."
  • Despois de 'Dios', o pote, a cazola e nós.
  • Deus non é vello, pois nace tódolos anos.
  • Deus nos dea ira, que paciencia xa a ternos.
  • ¡Deus perdoe ÓS mortos e con saúde os enterremos!
  • A quen Deus quere ben, a sorte buscalo vén.
  • Deus todo o sabe, inda que todo o cale.
  • Se Deus non me quere, o demo me roga.
  • A quen Deus quere axudar, O vento apáñalle a leña.
  • A quen Deus quere ben, cáelle a sopa no mel.
  • Cada un coida o seu negocio e Deus o de todos.
  • Cada un é para si e Deus para todos.
  • Cando Deus dá a fariña, vén o demo e quítaa.
  • De hora en hora Deus mellora.
  • Deus fai a mercede, mais tamén algo quere.
  • Deus non axuda ó que non se axuda.
  • Deus, que dá para a cea, dá tamén para a candea.
  • En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu parabén/o seu ben.
  • En pequen a hora Deus obra e mellora.
  • Máis Ile vale a quen Deus axuda que a quen moito madruga.
  • Mellor vai quen Deus axuda, ca que n moito madruga.
  • Non hai mal a onde Deus non acuda.
  • Vale máis quen Deus axuda ca que n moito madruga.
  • ¡Deus di ante e o carro que cante!
  • ¡Deus sexa louvado, que témo-Io curral estrado!
  • ¡Deus vos manteña e máis que veña!
  • A quen Deus quere, a casa tella.
  • Cando Deus dá, non é migalleiro.
  • Dáo Deus na eira e tólleo Marta na amasadeira.
  • Deus dá o frío a conforme é o abrigo.
  • Deus dá o frío segundo é a roupa.
  • Deus dea paciencia e mal sen interquenencia.
  • Tocan á misa: Deus nos perdoe, se non podemos oíla.
  • Alá me leve 'Dios' onde nos atopemos todos nós.
  • Cando é de morte o mal ¡de Deus lle veña o remedio!
  • Déao Deus na eira e cózao Marta na lareira.
  • Deus comigo, eu con el, el primeiro, eu tras del.
  • De,us nos dea con que riamos, que bos traballos pasamos.
  • Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán.
  • Deus que nos ten acá, sen mantenza non nos deixará.
  • En Deus espera pero, mentres, arrenda.
  • Hoxe mal, mañá peor: ¡vállanos noso Señor!
  • Se Deus quer, non nos ha faltar que comer.
  • ¡Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar!
  • ¡Fortuna che dea Deus, fillo, que o saber pouco che abonda!
  • ¡Que Deus te socorra e a min que non me desampare!
  • A Marica Montón Deus llo dá, Deus llo quita e Deus llo pon.
  • Cando Deus non quere, os santos non axudan.
  • Cando Deus quere, con tódolos ventos chove.
  • " Cando Deus quería, eu ben lonxe cuspía; agora que non podo, cuspo ó meu modo."
  • " Deus é grande; e o mundo, pequeno."
  • Deus no ceo e na terra o diñeiro.
  • Deus non ten toueas mais quita dunhas e pon noutras.
  • Deus todo o oe e todo o ve e dálle ó home o que convén.
  • Non é o que a lúa pinta, que é o que Deus dicta.
  • O home propón e Deus dispón.
  • O que estea de Deus non o leva o demo.
  • Ou a Deus ou ó demo ninguén deixa de servilos, senón o que serve a entrambos.
  • Sempre Deus pon o remedio, onde a morte a enfermidade.
  • Cando Deus amañece, para todos amañece.
  • Cando Deus dá a chaga, dá o remedio para sanala/curala.
  • Cando Deus dá, para todos dá.
  • Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
  • Dá Deus ás á formiga para que morra máis axiña.
  • Deus castiga e non dá pauso
  • Deus castiga ÓS que ben quere.
  • Deus castiga sen pau e sen pedra.
  • Deus consente ata ó que mente.
  • Deus dá para todos.
  • Deus é bo pagador.
  • Deus molla os xustos e os pecadores, o mesmo polos días que polas noites.
  • Deus non queda con nada de ninguén.
  • Deus vai dereito polo camiño torto.
  • Non fere Deus coas dúas mans.
  • Algo vai de Pedro a Pedro.
  • Barro é o home, barro é o xarro mais non son dun mesmo barro.
  • Cada cousa ten o seu precio, que para iso llo puxeron.
  • De Toma un paxaro a Daca un paxaro, van dous paxaros.
  • Digo e redigo que a boroa non é pantrigo.
  • Digo e redigo que a breva nunca foi figo.
  • Digo que a figueira non é figo e así o digo.
  • Fuxir e correr non é todo o mesmo.
  • Moito vai de Pedro a Pedro.
  • Non é o mesmo comer que ver comer.
  • O que digo, digo, que a breva non é figo.
  • Tanto vai dun anano a un xigante, como vai dunha formiga a un elefante.
  • Tódolos días non son iguais.
  • Unha cousa é r:eceitar e outra ben outra é curar.
  • Unha cousa é ver e outra mirar.
  • Non ten que ver o cu coas catro tempas.
  • Non vai por aí a auga ó río.
  • Non vai por aí a auga ó río.
  • Non vai por ese camiño a auga ó muíño.
  • Non fai pouco o que a súa culpa bota a outro.
  • Se non fora por medo de mollar as botas, eu iría coas mozas regar as hortas.
  • Venme o que bebo e non me ven a sede que teño.
  • ¡Deus che perdoe, se atopa por onde!
  • A quen tes que acalar non o fagas chorar.
  • Non ten razón o que xunta a fariña co relón.
  • Máis moscas se collen con mel que con fel.
  • A quen dan en que escoller, danlle en que entender.
  • A quen dás en que escoller, dáslle ben en que entender.
  • Coa culler que escollas terás que comer as sopas.
  • Entre a rapa e a rebola ¡veña o demo e escolla!
  • Entre folla e folla non hai moita escolla.
  • Moitos son os chamados e poucos os escollidos.
  • Mula e tea non se han de escoller á candea.
  • O que ten ben e mal escolle, por mal que vaia, que non se anoxe.
  • Quen ben ten e mal escolle, do mal que lle veña non se anoxe.
  • Quen ben ten e mal escolle, por moi mal que lle veña, non se anoxe.
  • Quen mala culler colle, con mala culler come.
  • Quen moito escolle, o demo llo tolle.
  • Á casa empeñada non lle abonda a boa anada.
  • O que has de empeñar, véndeo.
  • Preso por un, preso por un cento.
  • Dos inimigos, os menos.
  • " Dous montes non se entropezan; pero dúas persoas, si."
  • O inimigo da noiva nunca fala ben da voda.
  • O inimigo do home sempre foi o home.
  • O lobo e o raposo non son bos compañeiros.
  • O rato e o gato non comen nun mesmo prato.
  • Ó,teu inimigo cómelle o pan e bébelle o viño.
  • Quen ten un inimigo, non as ten todas consigo,
  • ¿Quen é o teu inimigo? O que ten o teu oficio.
  • Ben burro é o que pensa que outro non pensa.
  • Parvos son cantos pensan que os demais non pensan.
  • Cando fores por camiño, non fales mal do teu inimigo.
  • Mellor é estar sen amigos que arrodeado de inimigos.
  • O inimigo nunca fará bo testigo.
  • Quen inimigos teña, mire ben por onde vai.
  • Quen o seu inimigo corre, ás súas mans morreo
  • • Quen teña inimigos, que non durma ou durma pouquiño.
  • a inimigo honrado, deixalo e non aldraxalo.
  • Ó inimigo que foxe ponlle ponte de prata.
  • Ben se entende que quen racha se remende, e quen peca que se enmende.
  • Caer, para levantarse, ha de perdoarse.
  • Vezo malo tarde ou nunca é deixado.
  • Con perigo se garda o que a moitos agrada.
  • Mal se garda o que a moitos agrada.
  • O que fixer de min escarabello, non farei del espello.
  • En poúca auga, pouco se navega.
  • Hai máis días que longaínzas.
  • Onde non se come, non hai ben que chegue nin mal que non sobre.
  • Vale máis pouco diario, que moito de raro en raro.
  • A caca, facela e calala.
  • A merda non ten orella.
  • A merda, para que non cheire, deixala estar queda.
  • A moita merda fede.
  • As bostas fan as espigas e as espigas fan o pan.
  • Cando vaias cagar, leva con que te limpar.
  • Peido con sano non ten dono.
  • Estudiante do vío vío, morto de fame e cheo de frío.
  • O bo discípulo adianta ó mestre.
  • O bo estudiante adianta ó escolante.
  • O bo estudiante, morto de sono e farto de fame.
  • Ola sen touciño ou é de estudiante ou de mesquiño.
  • Estudiante de cama e de sol non vale o atume dun fol.
  • Estudiante de cama e sol non vale a atume dun fol.
  • Libro pechado non fai letrado.
  • O estudiante que ós viote non sabe e ós trinta non entende, non sei que aprende.
  • O mal estudiante, farto de sono e morto de fame.
  • As migallas do fardel ás veces saben ben.
  • Antes fiarás do terrón que do señor.
  • Non fíes nin confíes nin emprestes e vivirás entre as xentes.
  • Non fíes nin confíes nin emprestes, vivirás como quixeres.
  • Non fíes nin porfíes nin confíes nin aventures nin desafíes.
  • Non fíes nin porfíes, que eu fiei e porfiei e nunca nada gañei.
  • O fiado leva a metade do cravo.
  • O fiado, de balde é caro.
  • O que fía e non paga, non fai fianza.
  • Porco fiado berra todo o ano.
  • Quen ó fiado merca caro lle custa.
  • " A filla da cabra ¿""que ha de ser senón cabrita?"
  • A filla está mellor mal casada, que ben abarregada.
  • Cando entrares na vila, amósame a nai e direiche quen é a filla.
  • Cando fores á vila, pregunta pala nai e saberás quen é a filla.
  • De bos e mellares véñanlle á miña filla rondadores.
  • Filla deshonrada, nin viúva nin casada.
  • " Filla despois de varón queima coma o tizón; varón despois de filla, queima coma a faísca."
  • Mellar parece a filla mal casada, que ben barregañada.
  • O home ventureiro nácelle a filla primeiro.
  • ¡Bendita sexa a porta por ande sae a filla casada ou marta!
  • En marzo o garabanzal nin nado nin por sementar.
  • Come con el e gárdate del.
  • Da ave de pico acullerado líbrate coma do diaño.
  • De amigo reconciliado e de home disimulado, garda o teu lado.
  • ¡Deus te garde do can atado e do ha me arroutado!
  • ¡Deus te libre de mozo, cando lle apunta o bozo!
  • ¡Gárdate de home mal barbado e de lobo esfameado!
  • ¡Gárdate de home que non fala e de can que non ladra!
  • ¡Gárdate do mozo que comeza a ter bozo!
  • ¡Gárdete Deus dalgunha xente coma dun can doente!
  • ¡Gárdete Deus de can lebrel, de casa de torre e de sabia muller!
  • Gato maiador non é bo cazador.
  • Gato maiador nunca foi rateador.
  • Couces de eguas non matan poldros.
  • Dereito ou torto, máis vale caer en gracia que ser gracioso.
  • Home que fai moitas gracias, tamén faí moitas faltas.
  • Vale máis caer en gracia que ser gracioso.
  • A cruz nos peitos e o diaño nos feitos.
  • O rosario na man lévano moitos polo que dirán.
  • O rosario ó pescozo e o demo metido no corpo.
  • O vezo malo chama necesidade ó que é regalo.
  • Tira-la pedra e esconde-la man, é cousa de vilán.
  • ¡Palabra! -díxolle o lobo á cabra.
  • A Xan Portal o mesmo lle dá ben que mal.
  • A palabras parvas, oídos de mercader.
  • A palabras tolas, orellas xordas.
  • " Alleos coidados, sentilos; mais non choralos."
  • Ande eu quente e ríase a xente.
  • As cousas hanse tomar como de que n veñen.
  • Auga que non has beber, déixaa correr.
  • Deixa cocer o que non has comer.
  • En coxeira de can e bágoas de muller non hai que crer.
  • Non fagas nunca caso de quen non che fai caso.
  • Non se doe o farto da fame do famento.
  • Non se me dá nada, que, en morrendo, todo se acaba.
  • O que anda vestido non ten dó do que anda espido.
  • Ó carro que está derrubado poucos lle fan caso.
  • Quen ten a panza chea non ere na fame allea.
  • Tras do que non corro, non canso.
  • Verzas que non has de comer, déixaas cocer.
  • Predíqueme, pai, que por un oído me entra e por outro me sai.
  • ¡Alá a súa alma e a súa palabra!
  • ¡Que lle importa ó lobo o que come o zorro!
  • ¡Viva Deus e cante o merlo, que tras do verán vén o inverno!
  • A vendima non é cada día.
  • Foi a negra ó baño e tivo que contar para un ano.
  • Ata a sepultura a carne viva non é segura.
  • Cando o trigo está nos campos, é de Deus e dos santos.
  • Ninguén faga contas senón do que ten á mano
  • Vento, riqueza e ventura non son cousa segura.
  • Di un vello refrán que alá se van os ollos onde está a vontá.
  • Non haí parvo para o seu proveito.
  • O camiño da boca ninguén o equivoca.
  • O can do ferreiro dorme ás marteladas e desperta ás talladas.
  • Ó bo traxinante non lle doen os pes.
  • Sempre o corvo vai a onde preada hai.
  • Candil sen mecha a ninguén aproveita.
  • Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta.
  • Desta maneira o que non ten fariña escusa peneira.
  • Dúas árbores secas nunca florecen.
  • Nada e todo, todo é nada.
  • O que non fai falla, sobra.
  • Tirádelle o cu á cesta e acabouse a parentela.
  • Veciño que non empresta e coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
  • A quen tanto ve, cun olla lle aban da/un olla lle abonda.
  • Onde non chega o pano, o caletre do xastre ten que inventalo.
  • Para quen moito ve, abóndalle un olla.
  • Meu pai chámase fogaza e eu mórrome de fame.
  • Moito papel e tinta e pouca xusticia.
  • Págana os xustos cando a fan os pecadores.
  • Polo míns perden os bos.
  • Quen ten a seu pai alcalde, ben seguro vai ó xuÍcia.
  • Uns comen a froita aceda e outros teñen a denteira.
  • No chan dá hoxe couces o que non podía andar onte.
  • A lei nace do pecado e a lei quere castigalo.
  • Feita a lei, feita a trampa.
  • Quen fixo a lei, fixo a trampa.
  • A lima lima a lima.
  • Pascuas con quen quixeres, Entroidos coas túas mulleres.
  • Cando mata o lobo, mata para todos.
  • Do lobo, un pelo.
  • Do lobo, un pelo, e ese no medio do lombo.
  • Non so o lobo come carne crúa.
  • O tempo, non o come o lobo.
  • ¡Deus nos libre da boca do lobo!
  • ¡Quen o collera onde o lobo come a ovella!
  • A madeira da túa casa en xaneiro has de cortala.
  • A madeira de xaneiro non a poñas ó fumeiro.
  • Díxolle a cerdeira ó cravo: Deixarás aquí o rabo.
  • Madeira serrada, prata labrada.
  • Non hai peor racha cá da mesma madeira.
  • Curuxa noiteira, malladores á eira.
  • No abril mata o porco no cubil e no maio mátao dun ano.
  • " Ó matar os porcos, praceres e xogos; ó comer as morcillas, praceres e risas e, ó pagar os diñeiros, dós choriqueiros. "
  • A consulta do médico na rúa non vale nin cura.
  • Cando o enfermo di ¡ai!, o médico di ¡daiL
  • De médico, poeta e louco todos temos un pouco.
  • De médico, poeta, músico e louco todos temos un pouco.
  • O médico que ben cura, morto o enfermo, déixao na sepultura I déixao sen quentura.
  • O médico, pagalo e crelo.
  • O que sana a boca, enferma a faldriqueira.
  • Se queres o teu corpo san, faille a figa ó cirurxián.
  • Se tes médico amigo, quítalle a pucha e mándao á casa do teu amigo.
  • " O médico, vello; o barbeiro, mozo. "
  • Médico inocente mata moita xente.
  • O que o médico erra, encóbreo a terra.
  • Cando a ver un enfermo moitos médicos van, alporízase o sacristán, porque é sin al de ¡din! ¡dan!
  • O que ás doce do día está na praza, ou non ten que xantar ou non ten casa.
  • O melón e o casar todo é acertar.
  • O melón e o queixo, sempre ó peso.
  • " Do mar, o mero; e da terra, o carneiro. "
  • Desque o mes media, ó que ven asomella.
  • " Dende as cereixas ós nabos, ben estamos; dos nabos ás cereixas, todas son queixas."
  • Maio come o trigo e agosto bebe o viño.
  • " Maio fai o trigo; e agosto, o viño."
  • " San Migueliño das uvas maduras ¡que tarde nos vés e que pouco non duras!; se nos viñeras dúas veces ó ano, ¡quen nos tusira de gordos e sanos."
  • San Migueliño das uvas, tarde vés e pouco duras.
  • " Febreiro, currusqueiro; marzo, ventoso; abril, chuvioso; maio, louro; cuberto de ouro."
  • Maio chuvioso verán caluroso.
  • Maio ventoso, ano fermoso.
  • Tras do veranciño de san Martiño chega Nadal co seu inverniño.
  • O cordo todo o ha tentar, den antes que armas tomar.
  • Cada moucho no seu souto.
  • ¡Moucho, dámo e doucho!
  • Deixémo-Io mundo como está, que el se gobernará.
  • Deus e o mundo non poden andar xuntos.
  • Este mundo aquí ha quedar e nós habémonos de ir.
  • Este mundo aquí ha quedar, porque ninguén o ha levar.
  • Este mundo é redondo e quen non o sabe andar ten leria abondo.
  • Este mundo é un fandango e o que non o baila é un parvo/un tolo.
  • O mundo darache o pago, que para iso é bo pagador.
  • Quen no mundo ña, camiña sen guía.
  • Uns por terra e outros por mar, o mundo anda a trafegar.
  • Canto o mundo traballa e procura, todo é loucura.
  • " Este mundo é un bandallo; chove nel coma fóra."
  • Este mundo é unha gaiola de loucos: uns por moito e outros por pouco.
  • Mundo malo, mellor para deixalo que para cobizalo.
  • Neste mundo fondo hai bágoas e choros abondo.
  • Neste mundo redondo, o que non sabe nadar vai ó fondo.
  • O mundo e o pecado non dan bo bocado.
  • O fillo da miña filla ponmo onda a lareira na cociña.e ó da miña nora dálle un codecho de pan para que vaia para fóra.
  • " Os fillos da miña fillas, todos meus netiños son; os fillos da miña nora, quizais si ou quizais non."
  • Ano de noces, ano de voces.
  • A nora poi a sogra cagáronse na porta.
  • A nora, rogada, é ben recibida na casa.
  • " A nora, rogada; e a ola, repousada."
  • Acórdate, nora, de que serás sogra.
  • Arremangóuseme a nora e botoume o caldo fóra.
  • Varre a nora o que ve a sogra.
  • " A boa nova sempre chega á súa hora; e a mala, ó erguerse da cama."
  • A mala nova axiña chega.
  • A mala nova sempre é certa.
  • As malas novas andan máis légoas que as boas.
  • Achaque queren as malas novas.
  • As malas novas sempre saen certas.
  • l.ogo chega á porta o que trae a mala nova.
  • Que tarden as malas novas, que, anque tarden, virán á súa hora.
  • Casa negra, candea acesa.
  • Co candil morto todo é loito.
  • A cada ola, a súa tapadeira/ o seu testo.
  • A ola sen verdura non ten gracia nin fartura.
  • Cando roxe a cazola é sinal de encherola.
  • O tormento da cazola que tanto a desconsola: face-Io guisado, queimarse para guisalo e despois non comelo nin probalo.
  • O que ten bo olfato, logo coñece o prato.
  • O mozo, por non saber, e o vello, por non poder, as ocasións deixan perder.
  • Quen vai á bodega e non bebe, boa vez perde.
  • Antes que vaias á igrexa, mexa.
  • A túa mesa nin á allea non te sentes coa vincha chea.
  • Ó boi deixalo mexar e fartalo de arar.
  • O saír da pousada é a cousa máis condanada.
  • A escote nada é caro.
  • A escote, anque sexa un boL
  • Traballo pagado, ben traballado.
  • Mal pagado e ben servido.
  • O que debe a Xan e paga a Andrés, ten que pagar outra ves.
  • Non hai cousa máis barata cá que se merca e se paga.
  • Obra acabada, diñeiro agarda / diñeiro quere.
  • Traballo feito, traballo pagado.
  • A galiña pare cantando e a muller chorando.
  • A muller parida nin farta nin limpa.
  • " A que cría, empeora; e a que pare, mellora. "
  • Cada parto un sobresalto.
  • Cada parto unha ventura.
  • fillo sen dor, nai sen amor.
  • O parir é dor e o criar é amor.
  • Parto mollado, parto adiantado.
  • " Poldro, de poldrela; becerro, de vaca vella."
  • O pato ha de estar mantido pola man do escaso.
  • As penas hai que roelas.
  • As penas ou acaban ou se acaban.
  • Esta pena ténme morta e esta pena me conforta.
  • O pesar non é máis que sede.
  • O que non ten penas invéntaas.
  • Penas e ceas teñen as sepulturas cbeas.
  • Un pesar fai tamén unba alegría.
  • Cabra coxa non é sá.
  • Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán.
  • Chuvia que non di que vén, non é a que moito tarda.
  • O que non vaia á guerra, non marre nela.
  • O que vai no carro non vai a pe nin vai a cabalo.
  • Non se sabe o que pesa a carne, mentres non o di a romana.
  • A bulsa sen cartas non é máis que coiro.
  • ¡Albízaras, pai, que xa podan!
  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese é ruín.
  • En marzo, podar e cavar, se que res colleitar.
  • " En marzo, se podas un cardo, naceranche catro; e en abril, se cortas catro, nacera'nche mil. "
  • O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
  • O que non sabe podar, non sei para que vai á viña.
  • Poda curto e ara fondo, terás viño e pan de abondo.
  • Poda en marzo, vendima no regazo.
  • Poda no xaneiro, vendima no sombreiro.
  • Poda tarde e sementa cedo, que de catro anos, acertarás tres e medio.
  • Poda tardeiro e sementa temperán, collerás uva e gran.
  • Se podas as vides curtas, terás vendima larga.
  • Pódeme quen 'seipa' e áteme quen queira -díxolle a viña ó labrego.
  • A máis non poder, déitase Pedro coa súa muller.
  • Non todos podemos o que queremos.
  • O que non pode un, pódeno moitos.
  • O que non pode, sempre quere.
  • O que pode e non quere, cando queira, non poderá.
  • Pode ben pouco o que non ameaza a outro.
  • Quen máis non pode cos dentes acode.
  • Quen máis non pode, co seu mal morreo
  • Quen pode e non quere, cando quere non pode.
  • Quen pode o máis, pode o menos.
  • Quen pode, ó muiño vai e moe.
  • Quen pode, puxa e o que non pode, tarruxa.
  • Quen pode, puxa.
  • " Quen pode, puxa; e o que non, tarruxa. "
  • " Se non podes o que queres, fai o que puideres; se puideres, fai o que quixeres e, se non, fai o que puideres."
  • " Eu son o pito cairés, que naceu polo xaneiro; se o raposo me non come, hei de cantar no poleiro. "
  • Nin polo nin capón perden en xamais sazón.
  • O pito de xaneiro coa súa nai sobe ó poleiro.
  • O polo de xaneiro no san Xoan xa está comedeiro.
  • O polo e o capón sempre están en sazón.
  • O polo en xaneiro coa súa nai sobe ó poleiro.
  • Os pitos de xaneiro, pouquiños van ó poleiro.
  • Pito de xaneiro vai coa súa nai ó poleiro.
  • Polo de xaneiro, cada pluma vale diñeiro.
  • O ealdeiro no lameiro e o pote no trasfogueiro.
  • Pote sen verzas, sen unto, nin sal pódeselle ó gato dar.
  • O que come a carne, que roia os ósos.
  • Dáte boa vida e temerás máis a caída.
  • Día de praeer, véspera de pesar.
  • Prata é sempre o que prata vale.
  • Cando cacarexa a pita, algo sente na crista.
  • Cando un mes demedia, a outro asomella.
  • Mañá choverá ou nevará ou sabe Deus o que fará.
  • Ninguén diga de aquí non pasarei nin desta auga non beberei.
  • O quinto día verás que mes terás.
  • A vista do amo engorda o cabalo.
  • O olIo do amo engorda o cabalo.
  • Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.
  • No mes de abril fai queixos mil e no mes de maio fai tres ou catro.
  • " No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro. "
  • O cardo e o queixo, ó peso.
  • O queixo e o barbeito en abril ou maio sexa feito.
  • O queixo mellor é fresco, porque non está tan seco.
  • O queixo san é o que dá o avaro.
  • Tanto pan como queixo e tanto queixo como pan, ben o como se mo dan.
  • Entrou o rato no meu celeiro e fíxose o meu herdeiro.
  • O rato da casa un día ou outro se caza.
  • O rato que non sabe máis dun furado cóllese axiña, se está tapado.
  • ¡Ratos, arriba!: que todo o branco é fariña.
  • " Negra é a pementa e cómena os fidalgos; e branca é a neve e trípana os cabalos."
  • Ares ou non ares, a renda me pagues.
  • Labrador paxareiro, nunca bo rendeiro.
  • Non hai renda máis certa que deixar de gastar o que se pode aforrar/excusar.
  • Que ares, que non ares, renda non a pagues.
  • A cada día hai que darlle o seu.
  • Cada santo quere a súa candea.
  • Comer e deixar, se has de cear.
  • Dá Deus as noces a quen non ten dentes.
  • Dá Deus moas ó que non ten talladas.
  • Haber hai moito pero está mal repartido.
  • O que parte e ben reparte, se no repartir ten arte, quédase coa mellor parte.
  • O que parte leva para si a peor parte.
  • Onde comen dous, ben comen tres, se é que botan no pote ou na cazola qué.
  • Onde comen tres comen catro, anque non toquen a tanto.
  • Quen desparte leva a peor parte.
  • Quen parte e reparte garda para si a mellor parte.
  • Quitarllo a un santo para darllo a outro santo, parece consello do diaño.
  • Sempre leva a peor parte o que en conciencia reparte.
  • ¡Aleluia, aleluia, cada cal que colla a súa!
  • Honra ó bo, para que te honre, e ó malo, para que te non deshonre.
  • Honra ós grandes e non te mofes dos pequenos.
  • Un corvo a outro non lle tira os ollos.
  • Un lobo a outro lobo non se comen nin se morden.
  • A estopa preto do fogo quéimase logo.
  • Asenteime nun formigueiro: ¡douche ó diaño o asentadeiro!
  • Can que lobos mata, lobos o matan.
  • Cántaro que moitas veces vai á fonte, ou deixa no camiño a asa ou a fronte.
  • Coas bragas enxoitas non se collen troitas.
  • Deixa anda-lo can coa roca que el dará conta da mazaroca.
  • Non sabe a raposa das galiñas que dormen fóra.
  • O lume a carón da estopa, vén o diaño e sopra.
  • O que corre polo muro non vai moi seguro.
  • O que non arrisca, non pasa o mar.
  • O que non monta a cabalo nunca cae do cabalo.
  • O que non se arrisca non colle nin pisca.
  • O que non se aventura non pasa o mar.
  • Por medo ós paxariños, non deixes de sementar millo.
  • Preso por mil, preso por mil e millenta.
  • Quen cata o mel na colmea, sofre o aguillón da abella.
  • Quen máis pon, máis perde.
  • Senteime enriba dun formigueiro e nunca tiven tan mal asentadeiro.
  • Tanto vai o cántaro á fonte que ó fin se esfachica e se rompe.
  • Xusto é o mal que vén, se o busca quen o ten.
  • Meter as mans nas fogueiras é criar frieiras.
  • Só nacen as frieiras nas míns pemas.
  • Ben sabe o que non sabe, se calar sabe.
  • Cada un no seu negocio sabe máis ca outro.
  • Cada un sabe de si.
  • De abondo sabe o que non sabe, se calar sabe.
  • De abondo sabe o que vivir sabe.
  • Moito sabe a zorra, pero máis sabe o que a toma.
  • Moito sabe o que calar sabe.
  • O bo saber vale máis có bo nacer.
  • O saber non ocupa lugar.
  • O saber non vai nas cañas nin o valer está nas barbas.
  • Quen non saiba, que aprenda.
  • Sabe o que se salva que, o que afoga, non sabe nada.
  • Se queres saber de aquí, de acá e dacolá, o tempo cho dirá.
  • Tanto é non saber coma non ver.
  • Todo o que saibas non o dirás, se queres vivir en paz.
  • Saber moito e telo calado é pasar por aparvado.
  • " Aprende e traballa, e saberás; ten coidado e medida, e gañarás. "
  • Cada día sabemos máis.
  • Quen queira saber, que vaia aprender.
  • Ben sabe o sabio que sabe e o parvo que sabe que non sabe.
  • Dinos o que sabes para sabermos o que ignoras.
  • Do que non saibas non fales, que é moito mellor que cales.
  • Moito sabe o rato pero máis sabe o gato.
  • Por moito que se saiba é máis o que se ignora.
  • Quen coida que todo o sabe, pouco sabe.
  • Nada sabe o que para si non sabe.
  • Pouco sabe o que para si non sabe.
  • Ben pouco sabe o que para si non sabe.
  • Máis vale o saber có poder.
  • Mellor é saber moito e falar pouco que saber pouco e falar moito.
  • Non hai costa abaixo nin costa arriba para o que sabe baixala e sabe subila.
  • O saber vale máis có ter.
  • Quen ten saber, sabe ter.
  • Saber é poder.
  • Saber é vencer.
  • Vale máis o saber có haber.
  • Ben sei o que digo, cando pan pido.
  • Cada un sabe onde lle doe e onde lle proe.
  • Máis sabe o louco na súa casa có cordo na allea.
  • Máis sabe o parvo na súa casa có cordo na allea.
  • Máis sabe o tolo na súa casa, có cordo na allea.
  • Non hai peor saber có non querer.
  • Quen sabe ir dereito á súa casa, a ninguén pregunta as señas.
  • Teñas moita sorte e o saber pouco che importe.
  • O pesar todo é. sede.
  • Para a moita sede non hai auga mala.
  • Unha pinga e outra pinga apagan a sede axiña.
  • En maio millo sementado, cal enxoito, cal mollado.
  • " Navidade en venres, sementa onde puideres; Navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo. "
  • No mes de Santos, a máis tardar, ponte a sementar.
  • No minguante da lúa non sementes cousa ningunha.
  • O alleiro seméntao en xaneiro.
  • O labrador cobizoso quere sementar en segando.
  • O que queira comer patacas polo san Xoan, bóteas canda o pan.
  • Quen queira ter pirixel todo o ano,seménteo no mes de maio.
  • Se a noite de Navidade foi de luar, labra ben para sementar.
  • Se a noite de Navidade fore de escuro, sementa no terrón duro.
  • Se queres comer patacas por san Xoán, seméntaas canda o pan.
  • Sementa cedo e cría carneiros, que, para virche un malo, terás bos un cento.
  • Sementa cedo e poda tardeiro.
  • Sementa cedo e poda tardío, collerás pan e viño.
  • Sementa e cedo e poda máis, que se unha vez erras, cen acertarás.
  • Sementa o pirixel en maio e terás pirixel todo o ano.
  • Semente outro na terra estercada e ti na folgada.
  • " Sementeira na semana de san Román, nin palla nin gran; e na de santa Baia, gran e máis palla. "
  • Tantos allos perde o alleiro como días pasen de xaneiro.
  • Vai sementar cando sintas o cuco cucar e a ruliña rular.
  • A máis servir, menos valer.
  • Ninguén pode servir a dous amos e agradar a entrambos.
  • Non te gabes de servir a ruín señor.
  • O que ha ser servido ten que ser sufrido.
  • O que ten que servir, ten que sufrir.
  • Quen a outro serve, non se chame libre.
  • Quen ben serve e non pide, perde canto serve.
  • Se queres ser ben servido, sírvete ti correndiño.
  • Ningún carro andará ben, se con xabrón non o untan.
  • Os regalos a moitos bos fixéronos malos.
  • " A miña nora non colle a roca; a miña filla, esa sí que fía. "
  • Acórdate, sogra, de que fuches nora.
  • Amor de sogra, acarinos do demo.
  • A túa sogra bo trato e xicarazo.
  • Cando fun nora quixen mal á miña sogra e agora que son sogra quero mal á miña nora.
  • Cuñada e sogra nin de barro é boa.
  • Na casa da sogra non vive ben a nora.
  • O que non goza de sogra, non goza de cousa boa.
  • Obra comenzada non cha vexa sogra nin cuñada.
  • Para a sogra borracha, tinallas cheas.
  • Sogra e nora comen mal a unha mesma hora.
  • Sogra e nora e can e gato non comen ben nun mesmo prato.
  • Sogra, nin de azuere é boa.
  • Sogra, nin de barro á porta.
  • Sogra, nin mala nin boa.
  • Sogra, ningunha é boa.
  • Amor de soldado non é de fiar.
  • O bo artilleiro morre ó pe do cañón.
  • O bo soldado sácase do arado.
  • O soldado que é casado, nin bo soldado nin bo casado.
  • Un soldado sabe máis que sete avogados.
  • Nin moza de mesoneiro nin saco de carboeiro.
  • O saco do carboeiro: lixoso por fóra e máis lixoso inda por dentro.
  • ¡Malia a paxara que no seu niño caga!
  • O que se deixa cinchar, deixarase montar.
  • A tasa non ten medida.
  • Ben sabe a tasa quen merca a paga.
  • No tempo dos coellos non hai consellos.
  • Non se fai fóra de tempo o que se pode facer en todo tempo.
  • O bo tempo está no pote.
  • O tempo é pai da verdade e irmán da mentira.
  • O tempo é pai dos enganos.
  • O tempo é sabio pero o diaño é vello.
  • Ó tempo das brevas todos se achegan.
  • Tempo e fortuna, todo se muda.
  • Tempo e sazón a ninguén dan conta nin razón.
  • Tempo, vento, muller e fortuna axiña se mudan.
  • A día claro, escuro nubrado.
  • Cando chove e fai sol, é tempo de pagar as débedas.
  • Cando fai o seu tempo, non fai mal tempo.
  • Cando non fai o seu tempo, non fai bo tempo.
  • Cando o verán é inverno e o inverno é verán, mal anda para os pobres o ano de pan.
  • Nin polo bo tempo te agaches, nin polo malo te asañes.
  • No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado.
  • Non é bo tempo o que non é do seu tempo.
  • O bo tempo é pai do bo goberno.
  • O rocío de agosto dá polo rostro.
  • San Francisco vén con vela e San Xosé vaise con ela.
  • Tras do bo tempo ha vir o mal tempo.
  • Tras do mal tempo ha de vir o bo tempo.
  • Andando, andando, todo vai chegando.
  • Andando, andando, todo vai pasando.
  • " De mozo logo se sae; pero a selo non volve naide. "
  • Día a día, maio á porta.
  • Día tras día maio vai fóra.
  • Día tras día, maio chega.
  • Non hai prazo que non chegue nin forza que non se acabe.
  • Non hai prazo que non chegue.
  • Non hai prazo que non se cumpra nin débeda que non se pague.
  • O tempo corre e todo vai detrás del.
  • O tempo corre.
  • O tempo e o diñeiro corren a paso lixeiro.
  • O tempo non agarda por ninguén.
  • O tempo non se detén, porque non fala con ninguén.
  • O tempo non se para nin recúa nin adianta. •
  • O tempo vaise e os anos véñense.
  • Tempo contado logo pasa.
  • Tempo trae tempo.
  • Tempo tras de tempo e auga tras de vento.
  • Tempo tras tempo, tempo vén.
  • Tempos van e tempos veñen, sobran os que penas teñen.
  • Tras dun día vén outro e así se van indo todos.
  • Un tempo tras doutro tempo logo vén e axiña se vaL
  • Voa o tempo como voa o vento.
  • Tras deste tempo ha de vir outro.
  • Un tempo malo trae outro tempo bo.
  • Andando, andando, volvemos ós tempos de antano.
  • Calquera tempo pasado é mellorado.
  • Fíe quen fiou, que a Navidade xa pasou.
  • O tempo non anda para atrás.
  • O tempo non recúa, porque non é mula.
  • O tempo pasado sempre foi louvado.
  • Ó pasado díselle 'adiós', para que non volva onda nós.
  • Tempo ido, tempo perdido.
  • Tempo pasado que vén a memoria dá máis pena que gloria.
  • Todo tempo pasado foi o máis louvado, porque o que está por vir, ou nos fará chorar ou nos fará sorrir.
  • Todo tempo pasado foi o mellor.
  • A pera dura co tempo madura.
  • Acudirlle ó coiro con albaialde, que os anos non se van en balde.
  • Axiña vén o que se ve.
  • Á curta ou á larga o tempo todo o alcanza.
  • Co tempo maduran as uvas.
  • Co tempo todo chega.
  • Co tempo todo morreo
  • Co tempo todo pasa.
  • Co tempo todo se acaba.
  • Co tempo todo se vai.
  • Co tempo veñen os figos.
  • Culleres fainas o tempo.
  • Dar tempo ó tempo é de bo senso.
  • Día a día morreu miña tía.
  • Día tras día vanse indo os anos.
  • Día tras día, semana ó cabo.
  • Moitas cousas un chora, das que despois se ri e se mofa.
  • O tempo aclara as cousas e o tempo as escurece.
  • O tempo creba sen canto nio pedra.
  • O tempo dá bo consello.
  • O tempo dá o remedio e nunca falta o bo consello.
  • O tempo é o inventor de moitas cousas.
  • O tempo fai culleres.
  • O tempo non pasa en balde.
  • O tempo todo o amansa.
  • O tempo todo o cobre, todo o encobre e todo o descobre.
  • O tempo todo o cura, ata topar connosco na sepultura.
  • O tempo todo o cura, menos a morte, que esa non ten cura.
  • O tempo todo o tapa e todo o destapa.
  • O tempo todo o trae e todo o leva.
  • O tempo trae as flores e, despois de as traer, fainas toller e vólveas traer.
  • O tempo tráeo todo e lévao todo.
  • Os anos non se van en balde.
  • Os días non corren en balde.
  • Tempo virá que o teu espello non te coñecerá.
  • Meu carriño novo: ¿quen te fará vello? -Tres meses de verán e nove de inverno.
  • ¡Boa moza levas, Pedro! Ela o dirá co tempo.
  • O tempo nunca ten présa pero sempre chega.
  • A conta do perdido: o que non se faga hoxe, farase o domingo.
  • A muller que moito se pasea han tece a súa tea.
  • Dona que moito mira, pouco fía.
  • En coser e descoser, o fío e o tempo téñense que perder.
  • O crego e mailo raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
  • O que non ten que facer sacha as patacas antes de nacer.
  • Ovella que berra, bocado perde.
  • Perdendo o tempo non se gaña diñeiro.
  • " Quen predica en deserto, perde o sermón; e quen lava a cabeza ó burro, perde o xabrón."
  • Aire soán, malo no inverno e peor no verán.
  • " Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira. "
  • Maio pardo, san Xoán claro.
  • Marzo pardo, san Xoán claro.
  • Marzo pardo, sinal de bo ano.
  • " Nubes na montaña, vellas á borralla; nubes na ribeira, vellas á raxeira. "
  • O circo do sol molla o pastor, o da lúa ou molla ou enxuga.
  • Roibéns de sol levantado, é sin al de tempo molIado.
  • Roibéns de sol posto, é sinal de tempo enxoito.
  • Se a noite de Navidade for de luar, labra ben para sementar.
  • " Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados."
  • Non hai mestre coma o tempo.
  • O mellor mestre é o tempo e a mellor mestra a experiencia.
  • O tempo é diñeiro.
  • O tempo é o mellor conselleiro.
  • O tempo é o mellor mestre.
  • O tempo é ouro.
  • Tódalas cousas quereD o seu tempo.
  • Cando a carballeira canta, sabe ben a manta.
  • A peor tenda é a baleira.
  • A tenda é para quen a atenda.
  • Do que está na súa tenda, que non digan que estivo na contenda.
  • Non hai peor tenda cá que está baleira.
  • O que ten tenda que a atenda e, se non, que a venda.
  • O tendeiro e a muller sempre teñen que facer.
  • Ó que está coidando da súa tenda non se lle achaca contenda.
  • Pon a tenda do que entendas.
  • Ide polo medio e non caeredes.
  • Nin tan monte nin tan ponte.
  • Por carta de máishou carta de menos, pérdense os xogos e vaise o diñeiro.
  • ¡Nin tanto nin tan pouco, señor alcalde louco!
  • Xa viñeron os titiriteiros, engada-rapaces e saca-diñeiros.
  • Mellor é suar que tusir.
  • Anque Cristo para amigos os escolleu, un dos doce o vendeu, outro o negou e outro non o creu.
  • De quen non se pensaba, gran pedrada.
  • Moi mal me quer, o que nun compromiso me quixo meter.
  • O can coa rabia a seu dono traba.
  • O corazón non sabe de traición.
  • Págase o rei da traición e non se paga do traidor.
  • " Págase O rei da traición; mais do que a fai, non. "
  • Quen o seu can quere matar, achaque lle ha buscar.
  • Cando o trigo está na eira, anda o pan por enriba da artesa.
  • Cando o trigo está no celeiro, é do que ten diñeiro.
  • Se che vai ben o trigo tardeiro, non llo digas ó teu compañeiro.
  • Trigo centeoso, pan proveitoso.
  • Trigo que non has de colleitar, deixa de o visitar.
  • En marzo o trigo nin por sementar nin nado.
  • " O día de san Xoán créballe a raíz ó pan e o día de san Pedro créballe a do medio; o día de Santiago créballe a do cabo; e o día de santa Isabel, foucifias con el."
  • As tormentas por san Xoán tollen o vifio e levan o pan.
  • Auga de tronada, nuns sitios moita e noutros nada.
  • Cando en inverno vires tronar, vende os bois e bótao en pan.
  • Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo.
  • Cando trona, forza é que chova.
  • Cando tronou e trona, forza é que chova.
  • Maio treboado e san Xoán claro fan un ano temperado.
  • Maio treboado, ano temperado.
  • Os tronos e o mar dan un pouco que pensar.
  • Tronando en abril, de dez grans nacen mil.
  • Tronos de soán, pouca auga e, se cadra, pouco pan.
  • Tronos en maio anuncian mal ano.
  • Tronos en marzo, ou fame ou mortazoo
  • Vale máis un torbón de abril cós bois e o carro e aquel que vai nil.
  • ¡Tronos ó mar!: que alí teñen ande se afogaro
  • Alabémonos, xa que ninguén nos alaba.
  • Na casa da miña veciña cocen fabas e na miña cócenas a cazoladas.
  • O home peludo é home forzudo e barbudo.
  • A mellor victoria é a que sen sangue se logra.
  • A derradeira cántase a gloria.
  • O que primeiro gaña, despois regaña.
  • Quen gaña primeiro regaña o derradeiro.
  • A boa vida engurras tira.
  • A boa vida non quere présa / présas.
  • Cada un vive como pode e como o deixan vivir.
  • Cada un vive como pode e non como quere.
  • Irnos vivindo: aquí entropezando e alí caíndo.
  • Media vida é a candea, pan e viño é a outra media.
  • " Media vida é a candea; e o pan e o viño é outra media. "
  • Mentres ternos vida, tamén ternos esperanzas.
  • Non esquezas que a vida tela perdida.
  • Non hai mellor vida que non ter nada: pasan os días, estoume na cama.
  • Non hai vida que non estea perdida.
  • Non quero vida nin tratos con xente espantabuxatos.
  • Non ten a vida segura o que as cousas moito apura.
  • a morto á mortalla e o vivo á fogaza.
  • a morto no cemiterio, o vivo no candieiro.
  • ande vivan cen, vive ti tamén.
  • ande vivires fai como vires.
  • Vívese como se pode e non como se quere.
  • Cal é a vida tal é a morte.
  • Coa vida fanse moitas cousas, coa morte desfanse todas.
  • Como se vive, mórrese.
  • Hoxe na vida, mañá na morte: ¡benia o corpo que pola alma traballa!
  • Mentres uns viven, outros morren.
  • Morte duns é vida doutros.
  • Non hai como morrer para coñece-Ia morte.
  • Non hai vida sen morte nin pracer sen pesar.
  • O que ben vive ben morre.
  • O que mal vive pouco vive.
  • Quen mal vive mal ha morrer.
  • Quen teme a morte non disfruta da vida.
  • Segundo é a vida, así é a morte.
  • Tal vida, tal morte.
  • Todo é vivir, ata morrer.
  • Vida sen amigos, morte sen testigos.
  • Vivir ben, que Deus é Deus.
  • Vivir como Deus manda e morrer como Deus queira.
  • Detrás deste mundo virá outro.
  • Máis vale burro vivo que sabio morto.
  • Máis vale can vivo que león morto.
  • Máis vale cheirar vivo a merda que morto a incenso e cera.
  • Máis vale cheirar, de vivo, a merda, que, de morto, a incenso e cera.
  • " Máis vale dicir aqu{ fuxeu que aqu{ mo""eu. "
  • Máis vale un burro vivo que un cento mortos.
  • Máis vale un mal correr que un bo morrer.
  • Menor é que digan está alá que está acá.
  • O pagar e o morrer, canto máis tarde poida ser.
  • Un día de vida non é moita vida pero é vida.
  • Vale máis onza de boa vida que fanega de sabiduría.
  • Vale máis que digan: aquí correu que aquí morreu.
  • Vivir para ver e ver para vivir: ¿que máis se pode pedir?
  • Á curta ou á larga todo acaba.
  • Cabalo de andadura pouco dura.
  • Hoxe somos e mañá non fomos.
  • Hoxe somos e mañá non seremos.
  • Hoxe somos e mañá non.
  • O mozo pode morrer, pero o vello xa non está para moito vivir.
  • Se o mozo pode morrer, o vello non pode vivir.
  • Unha hora de vida non é moita vida.
  • A máis vivir, máis sufrir.
  • Así duras, como te curas.
  • Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto e así vivirás.
  • Bo é vivir para ver o que ha vir.
  • Cal te curas, así duras.
  • Come leite e bebe viño e, de vello, seráS mociño.
  • Non hai ningún tan vello, que non pense vivir un ano.
  • O que a longa vida chega, moito vive e máis espera.
  • O vello que se cura máis anos dura.
  • Quen ben se cura, moito dura.
  • Quen moito vive, moito mal recibe.
  • Quen moito vive, moito ve.
  • Quen queira chegar a vello, garde o aceite no pelexo.
  • Quen queira ser vello moito tempo, váiase con tento.
  • Se queres chegar a vello, garda aceite no pelexo.
  • Se queres chegar a vello, sube as costas coma o vello.
  • Se queres vivir moito tempo, faite de mozo vello.
  • Sopas fervidas alongan a vida.
  • Ter sete folgos coma os gatos é un regalo.
  • Vive cen anos e verás moitos desenganos.
  • " Casa, feita; e muller, por facer. "
  • a que fai dona á doncel a e non casa con ela, trae sempre a vida en pena.
  • A muller viúva non ten que n a sacuda.
  • A viúva honrada ten a súa porta pechada.
  • A viúva rica logo casada fica.
  • A viúva, o diaño que a sacuda.
  • Mentres a viúva chora, outros cantan na voda.
  • Muller moza e viúva pouco dura, porque se deixa comer de madura.
  • Pulgas ten a viúva e non ten quen llas sacuda.
  • Regalo de viúva algo busca.
  • ¡Deus te garde de dianteira de viúva e da traseira de mula!
  • Durmir cun ollo aberto e co outro desperto.
  • O que paga criados e non os vai ver, que venda o que ten para podelos manter.
  • Horta de pasatempo quere tempo.
  • As veces vén o discurso despois do último recurso.
  • A cada un o seu e Deus con todos.
  • A mellor paga é o seu para cada seu.
  • A quen mal que iras preito Be vexas.
  • Cando o sol sae, para todos sae.
  • O que con Deus anda con Deus medra.
  • Peso e medida manteñen a paz da vida.
  • Peso e medida manteñen a paz na aldea e na vila.
  • Peso e medida quítanlle ó home fatiga.
  • Peso e medida teñen en paz a nosa vida.
Barra colores