Digalego - Dicionario de Galego

Preguntas frecuentes

Que é o Dicionario de Galego?

O Dicionario de Galego é unha plataforma web para consultar o significado de máis de 65.000 entradas de diferentes termos en galego, con etimoloxías, equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, con sinónimos, antónimos e variantes e conxugacións de verbos.

Que información contén?

O Dicionario de Galego contén etimoloxías, equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, con sinónimos, antónimos e variantes, conxugación de verbos, unha listaxe de formas incorrectas en galego coa súa forma correcta, unha listaxe de abreviaturas e un apéndice gramatical.

Como podo consultar un termo?

Para consultar un termo desde a páxina de inicio escriba un termo ou o comezo dun termo na caixa de texto e elixa, se o desexa, algunha das opcións inferiores para buscar ese termo cando 'Comeza con', 'En toda a entrada', 'En todo o contido' ou nalgún dos idiomas que ofrece a posibilidade de atopar a súa tradución. Tan só poderá escoller unha desas opcións.
Prema o botón 'Buscar' e poderá ver unha listaxe paxinada de resultados coincidentes coa busca. Se tan só houbese un resultado, xa será redirixido á ficha completa dese termo.
No resto de páxinas, que non sexan a páxina de inicio, poderá acceder ao formulario de busca nunha barra lateral á dereita.
Tamén pode consultar calquera termo que apareza na web facendo dobre clic sobre el.

Como podo consultar a conxugación dun verbo?

Para consultar a conxugación dun verbo escolla no menú superior horizontal a sección 'Conxugación de verbos'. Aparecerá de xeito predeterminado a conxugación do verbo 'abafar'. Escolla nesa lista despregable outro verbo dentro da listaxe e, cando o seleccione, será redirixido automaticamente á súa conxugación correspondente. Esa lista de verbos permite, unha vez despregada, escribir o verbo para que a propia lista vaia filtrando a coincidencia e atopar o verbo desexado dun xeito máis rápido.

Como podo consultar o repertorio de formas incorrectas?

Para consultar o repertorio de formas incorrectas escolla no menú superior horizontal a sección 'Formas incorrectas'. Poderá ver todas as formas nunha táboa de dúas columnas: na columna da esquerda poderá ver a forma incorrecta e, na da dereita, a correcta. Pode facer clic na forma correcta para consultar a ficha desde ese termo.
Se desexa acoutar a lista de formas incorrectas pode elixir, na parte superior, na letra de inicio do termo buscado, e filtraranse tan só os que comecen por esa letra.

Como podo consultar o apéndice gramatical?

Para consultar o apéndice gramatical escolla no menú superior horizontal a sección 'Apéndice gramatical'. Poderá ver un ficheiro en formato PDF inserido na páxina. Se tivese algún problema para visualizalo directamente, poderá descargalo na parte inferior facendo clic sobre 'Descargar o arquivo normativa.pdf'.